A cada día, o seu afán
Só por hoxe tratarei de vivir exclusivamente ao día, sen querer resolver o problema da miña vida nun intre.
Só por hoxe terei o máximo coidado do meu aspecto: cortés nas maneiras, non criticarei a ninguén e non pretenderei mellorar a ninguén senón a min mesmo.
Só por hoxe serei feliz na certeza de que fun creado para a ledicia, non só no alén, senón tamén neste mundo.
Só por hoxe axeitareime ás circunstancias, sen pretender que estas se axeiten aos meus desexos.
Só por hoxe adicarei 10 minutos do meu tempo a unha boa lectura, recordando que, como o alimento é necesario para a vida do corpo, así a boa lectura é necesaria para a vida da alma.
Só por hoxe farei unha boa acción e non llo direi a ninguén.
Só por hoxe farei unha cousa que non desexo facer, e se me sentira ofendido nos meus sentimentos procurarei que ninguén se decate.
Só por hoxe farei un programa detallado; cecáis non o cumprirei de xeito íntegro, pero redactareino igualmente. E gardareime de dúas calamidades: as présas e a indecisión.
Só por hoxe crerei firmemente -aínda que as circunstancias amosen o contrario- que a boa providencia de Deus ocúpase de min coma se ninguén existise no mundo.
Só por hoxe non terei temores. De xeito particular non terei medos de gozar do que é fermoso e de crer na bondade.
-------------------
Beato Xoán XXIII
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada